Reunión 18 de maio

USO inicia co BNG a rolda de contactos cos Grupos Municipais

USO Ortigueira mantivo co BNG a primeira dunha rolda de reunións cos Grupos Municipais representados no Concello de Ortigueira. A mesma tivo lugar o Sábado 18 de Maio de 2024.
O BNG INICIA ROLDA DE CONTACTOS COS AXENTES SOCIAIS EN ORTIGUEIRA
O responsábel local e portavoz municipal do BNG en Ortigueira, Marco Schaal, acompañado por Secundino García, responsábel comarcal do BNG, reuníronse esta fin de semana con Carlos Diéguez e Juan Esteban Méndez, representantes a nivel local e provincial da Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira (FAC-USO).
A reunión, que é a primeira dunha rolda de reunións cos axentes sociais do concello, tivo carácter informativo sobre cuestións que afectan ao persoal municipal, entre as que hai que destacar o proceso de estabilización que aínda está en proceso de realización e as súas posíbeis repercusións no ámbito local, as actuais condicións laborais do persoal municipal, a necesidade de renovar e actualizar os convenios para adaptarse á situación económica e social actual, así como a regularización do comité de riscos laborais, que na actualidade non existe.
Ambas organizacións coincidiron na necesidade destas reunións debido ao contexto actual de cambios na lexislación laboral, así como á necesidade de adaptarse a novos marcos normativos e á presenza dun novo goberno municipal.
Ademais, comprometéronse a manter un diálogo aberto e a realizar reunións periódicas para seguir abordando estas e outras cuestións de importancia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Contacta con el Representante de USO