O prazo para inscribirse aos cursos da convocatoria 2024 do Plan agrupado de formación continua da Deputación Provincial da Coruña está aberto ata o 8 de maio de 2024
As solicitudes só se poderán presentar a través da plataforma telemática Subtel.
Para acceder a esta plataforma deberá ter unha conta de correo activa no Directorio público local. De non tela, solicítea o máis axiña posible na súa entidade a través dos representantes de Administración electrónica ou ben dos interlocutores de formación. A activación das contas no Directorio non é automática polo que se tarda en solicitala corre o risco de que se lle pase o prazo de inscrición.
Toda a información relativa a esta convocatoria está dispoñible na web de Formación https://www.
Se precisa algunha aclaración sobre calquera aspecto do Plan agrupado de formación 2024 póñase en contacto coa Sección de Formación nos teléfonos 981 080 824, 981 080 826, 981 080 810.