CALENDARIO LABORAL 2024 ORTIGUEIRA

Aprobado o Calendario Laboral 2024 Concello de Ortigueira

Na Mesa Xeral de Negociación celebrada o pasado venres 19 de Abril 2024, ca abstención de tódolos Sindicatos presentes e co voto favorable da administracción aprobouse o Calendario Laboral para o ano 2024 no Concello de Ortigueira.

Como punto salientable ante as preguntas dos/das traballadores/as, destacar que os Días de Asuntos Propios para este ano son 8 [ 6 + 1 (por Santa Rita) + 1 (por coincidir en sábado o 12 de outubro)].

Informar ademáis que os días 24 e 31 de Decembro teñen unha regulación específica, como se detalla a continuación.

Tanto USO Ortigueira, como o resto dos representantes quedamos a vosa disposición para solventar calquera dúbeda que teñades o respecto.

CALENDARIO LABORAL 2024

a) Duración da xornada xeral:

35 h semanais de traballo efectivo en promedio de cómputo anual para persoal funcionario (acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario).

-35 h semanais de traballo efectivo en promedio de cómputo anual para o persoal laboral (convenio colectivo do Concello de Ortigueira)

b) Horario fixo de presenza ordinario:

Xornada de mañá: de 09:00 a 14:30 h de luns a venres. Resto de tempo, xornada flexible entre as 8:00 e as 9:00 de luns a venres e entre as 14:30 e as 18:00 de luns a xoves, así como entre as 14:30 e as 15:30 horas os venres.

Xornada de mañá e tarde: de 9:00 a 17:00h de luns a xoves con pausa para comida 30 min. Venres de 09:00h a 14:30h. Resto de xornada, flexible, entre as 8:00 e as 9:00 de luns a venres e entre as 14:30 e as 18:00 de luns a xoves, así como entre as 14:30 e as 15:30 horas os venres

Xornada de tarde.: 15:00 a 20:30h. Resto de xornada, flexible, entre as as 13:00 e as 15:00 horas, así como entre as 20:30 e as 22:00 horas.

*Horarios especiais:

A determinar en cada caso segundo os cuadrantes e horarios propostos pola xefatura do servizo correspondente e aprobado pola Administración, que cumprirán, en todo caso, a duración da xornada establecida:

  • Policía Local
  • Grupo de Emerxencias Supramunicipal
  • Servizo de Axuda no Fogar
  • Escola Municipal de Música
  • Biblioteca
  • Oficina de turismo

c) Xornada intensiva de verán

Durante o período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, ambros inclusive, establécese una xoranada intensiva de 6,5 horas continuadas. A direrenza horaria será recuperable ao longo do ano para os efectos de respectar a duración da xornada en cómputo anual.

Festas laborais non recuperables: 14 (art. 37.2 TRET: 12 + 2 aprobadas polos concellos) Para o ano 2024 as previstas no Decreto 112/2023, do 29 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2024:

 

1 de xaneiroAninovoFestivo estatal
6 de xaneiroEpifanía do Señor (Día reis)Festivo estatal
13 de febreiroMartes de EntroidoFestivo Local
28 de marzoXoves SantoFestivo autonómico
29 de marzoVenres SantoFestivo estatal
1 de maioFesta do TraballoFestivo estatal
17 de maioDía das Letras GalegasFestivo autonómico
25 de xulloDía de GaliciaFestivo autonómico
29 de xulloSanta  Marta  (festivo Local)Festivo local
15 de agostoAsunción da VirxeFestivo estatal
12 de outubroFesta  Nacional   de EspañaFestivo estatal
1 de novembroTodos os SantosFestivo estatal
6 de decembroDía  da  Constitución EspañolaFestivo estatal
8 de decembroInmaculada ConcepciónFestivo estatal
25 de decembroNatividad do SeñorFestivo estatal

*De acordo coa Resolución de 28 de febreiro de 2019, da Secretaría de Estado de Función Pública pola que se ditan instrucións sobre xornada e horarios de traballo do persoal ao servizo da administración xeral do estado e os seus organismos públicos; os días 24 e 31 de decembro permanecerán pechadas as oficinas públicas, excepto os servizos de información e rexistro xeral.

**1 día de libre disposición adicional por traballar no día de Santa Rita (22 de Maio).

**1 día de libre disposición adicional en compensación a pola coincidencia en sábado do día 12 de outubro de 2024 (apartado 9.8 da resolución de 28 de febreiro de 2019, da secretaría de estado de función pública pola que se ditan instrucións sobre xornada e horarios de traballo do persoal ao servizo da administración xeral do estado e os seus organismos públicos, e resolución de 28 de xaneiro de 2024 pola que pola que se establece o réxime de gocedun día de permiso adicional pola coincidencia en sábado dunha festividade laboral en 2024 ).

Este permiso, atendendo ás necesidades do servizo, poderá gozarse individualmente ou acumularse tanto, aos días de vacacións de 2024 que se gocen de forma independente como aos días por asuntos particulares de 2024.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Contacta con el Representante de USO